Friday Oct 03 2014

V Milla Urbana

Antonio Palacios nº 1, O Porriño 36400, Spain Concejalía de Deportes Ayuntamiento de Porriño Servicio de deportes del Ayuntamiento de Porriño
  • Where O Porriño,
    Spain
  • When Event Start
    18:00

O Concello do Porriño, en colaboración co Club Atletismo Porriño, organiza a V Carreira Urbana “Festas do Cristo”, no centro urbano da vila, o venres 03 de outubro de 2014. O horario de comenzo das probas será as 18:00

1. PARTICIPANTES:

Poderán participar atletas federados e non federados; habendo unha soa clasificación conxunta. O control das carreiras estará a cargo do Club Atletismo Porriño, coa supervisión dun xuíz árbitro.

2. CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES, DISTANCIAS E HORARIOS:

18:00 h – De 5 a 7 anos inclusive – 100 m.

18:10 h – De 8 a 10 anos inclusive – 400 m.

18:20 – De 11 a 14 anos inclusive – 800 m.

18:30 – Carreira popular > 15 anos – 1.609 m.

18:45 h – Carreira Élite > 15 anos – 1609 m. *

* Os atletas federados < de 15 anos que desexen participar na carreira elite (feminina ou masculina), poderán facelo sempre que fagan constar expresamente no momento da inscripción, renunciando deste xeito a correr na súa categoría. Os >15 anos tan só poderán elixir entre a popular ou a elite.

3. PREMIOS E TROFEOS

CATEGORÍAS MENORES:
- Trofeos para os tres primeiros de cada categoría e sexo. Medallas para o resto dos participantes

CATEGORÍA POPULAR:
- 1 cea para dúas persoas no Bar Celtiña de O Porriño para a primeira clasificada feminina e para o primeiro clasificado masculino e trofeo para os tres primeiros.

CATEGORÍA ELITE (Federados):
Premios en metálico:

Carreira absoluta feminina.
1º- 100 euros 2º- 50 euros 3ª- 20 euros

Carreira absoluta masculina.
1º- 100 euros 2º- 50 euros 3ª- 20 euros

OS PREMIOS EN METÁLICO ABOARANSE O DÍA DA PROBA (será necesario mostrar DNI, Pasaporte ou documento que acredite a identidade).
A entrega de trofeos realizarase inmediatamente se remate a derradeira das probas, a carón da liña de chegada.

4. INSCRICIÓNS

A inscrición é totalmente GRATUITA. Para a Carreira Popular e a Carreira Elite, pódense anotar atletas via online ata o día 30 de setembro ás 23:59 h. na páxina web do Club Atletismo Porriño (www.atletismopor.com) na pestana correspondente á V Carreira Urbana Festas do Cristo 2014. Para as categorias menores, non é preciso anotarse, e basta con que estean na liña de saída no momento de comezo das probas.

5. VESTIARIOS

Haberá servicio de duchas e vestiarios a disposición dos atletas no Polideportivo Municipal do Porriño.

6. RECLAMACIÓNS

As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó Xuíz Árbitro da Competición unha vez rematadas as probas.